Noticias

Inicio   Noticias
24-02-2021

BANDO SOBRE EQUINOS DE PROPIETARIOS DESCOÑECIDOS

17-02-2021

MEDIDAS DE PREVENCIÓN 17 FEBREIRO A 3 MARZO

21-01-2021

APROBACIÓN DEFINITIVA DAS AXUDAS DO PEL REACTIVA

27-01-2021

MEDIDAS DE PREVENCIÓN NIVEL MÁXIMO

14-01-2021

MENSAXE DO ALCALDE Á VECIÑANZA

30-12-2020

CONCESIÓN PROVISIONAL DE AXUDAS PEL REACTIVA - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

15-09-2020

BANDO

16-12-2020

FELICES FESTAS (RESPONSABLES) E SAUDABLE 2021

13-11-2020

CONVOCATORIA AXUDAS FONDO DE FINANCIACIÓN PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DO CONCELLO DE MAÑÓN

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Dende o día 14 ata o 25 de novembro de 2020 ás 14:00 horas.
LUGAR DE PRESENTACIÓN: As solicitudes deberán presentarse na SEDE ELECTRÓNICA do concello.
http:// sede.manon.es/
 
20-11-2020

PACTO DE ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE

O concello aproba un plan para facer fronte ao cambio climático e reducir emisións

O pleno da corporación aprobou o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), un programa que inclúe a elaboración dun inventario de emisións e medidas para, entre outros aspectos, reducir o consumo de enerxía e ser un concello mais resiliente ao cambio climático.

O Concello de Mañón sumouse en xaneiro do ano 2019 á iniciativa europea do Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía. Este reúne ás autoridades locais e rexionais que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxectivos de clima e enerxía da Unión Europea no seu territorio. Os asinantes teñen como obxectivo a redución das emisións de CO2 en polo menos un 40 % para 2030 e a aumentar o seu resiliencia aos impactos do cambio climático.
No caso de Mañón este plan permitirá non emitir 2.681,03 toneladas de CO2 o ano, o que equivale ao 40,06 % de redución ao respecto do ano de referencia, o 2010.

A estratexia recen aprobada inclúe 28 medidas de actuación en distintos sectores diferenciando a inversión privada e a pública, nas que destacan o sector de equipamentos municipais e o de transportes.

O concello márcase o obxectivo captar fondos europeos para financiar medidas como a substitución de luces LED ou uso da biomasa en instalacións públicas pero tamén incentivar que a veciñanza perciba axudas para as obras privadas como as da envolvente térmica dos edificios (ventás e fachadas).
Unha rede europea permanente de intercambio de información
O Pacto dos Alcaldes é unha ferramenta que pretende reunir aos alcaldes das cidades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación de boas prácticas a través da mellora da eficiencia enerxética no ámbito urbano, a redución das emisións de CO2 no ámbito territorial local e aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático.
Financiación para a redacción do PACES
Para a redacción do documento recibiuse o apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do FEDER “Unha forma de facer Europa” que financiaron o 100% do custe do mesmo.
Mais información: https://pactodosalcaldes.gal/