Festas e romarías

Parroquia do Barqueiro

  • Festa do Carme: fin de semana próximo ao 16 de xullo. Misa na lonxa e procesión coa virxe polo porto do Barqueiro.
  • Romaría de Santa Rosa: fin de semana próximo ao 15 de agosto. Na Área Recreativa de Esteiro. (*se hai comisión de festas).
  • Festas Patronais na honra da Virxe María: venres e sábado próximos ao 8 de setembro. “Noite Meiga” coa tradicional representación teatral e degustación de queimada e verbena. Organiza o Concello.
  • Festa do Marisco: variable pero coincidente na semana da Ponte da Constitución. Xornada gastronómica con marisco da Ría do Barquero. Organiza o Concello.

Parroquia de Bares

  • Pascua: fin de semana de Semana Santa na vila de Bares.
  • San Pedro: domingo máis próximo ao 29 de xuño no porto (*se hai comisión de festas).

Parroquia de Riberas do Sor

  • Exposición de camelias.: venres de Semana Santa. Organizada polo Concello
  • Festa primeira fin de semana de agosto na honra do patrón San Cristóbal.

Parroquia de Mañón

  • San Pedro: domingo máis próximo ao 29 de xuño (*se hai comisión de festas).
  • Romaría en Ponte Segade: primeiro domingo de xullo. Coincidente co concurso de pesca de reo.
  • Festa do Carme: cuarto domingo de setembro (*se hai comisión de festas).

Parroquia de Grañas do Sor

  • San Antonio: 13 de xuño.
  • San Mamede: próximo ao 15 de agosto.
  • Festa do Rosario: 2 de outubro.

Os días 11,12 e 13 de agosto de 2017 na Área Recreativa de Esteiro (O Barqueiro) - Mañón

Festas Patronais en O Barqueiro